|
 | Contactar |  |
|
 | NOVAS |  |
DÍA ESCOLAR POLA NONVIOLENCIA E A PAZ 2023
O OUTRO COMO NÚCLEO FUNDAMENTAL DA CULTURA DE PAZ
Acabamos de deixar atrás 2022, o ano da pos pandemia da Covid-19, un ano marcado pola invasión de Rusia a Ucraína que o próximo 24 de febreiro cumprirá un ano do seu inicio...
Ler máis
|
DÍA ESCOLAR POLA NONVIOLENCIA E A PAZ 2022
Condenamos calquera agresión militar entre Estados e toda a carreira armamentística, na que o Estado español tamén participa, polo que demandamos unha gradual, progresiva e planificada, con prazos curtos, transformación da industria militar.
Ler máis
|
DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ 2021
Manifesto do Grupo de Educadores/as pola Paz polo Día Escolar pola Non Violencia e a Paz
Ler máis
|
DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ 2020
Manifesto do Grupo de Educadoras/es pola Paz de NEG
Ler máis
|
Día Escolar da Nonviolencia e da Paz 2018
Dez camiños alternativos cara a unha educación para a paz
Ler máis
|
DOCUMENTO DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA (27 XANEIRO 2017)
Ler máis
|
XXIX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ
XXIX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ. Convivencia e benestar para o século XXI: Experiencias e recursos
Chantada, 24, 25 e 26 de abril de 2015
Ler máis
|
|
 | GRUPO DE EDUCADORES/AS POLA PAZ |  |
EDUCADORES/AS POLA PAZ é un grupo de profesores e profesoras dos diferentes niveis educativos, integrado no Movemento de Renovación Pedagóxica (MRP) NOVA ESCOLA GALEGA que ten como finalidades fundamentais a investigación e divulgación da Educación para a Paz (EP), así como os propios de Nova Escola Galega. Máis concretamente OS FINS DO GRUPO SON:
- Sensibilizar sobre a necesidade de incorporar nos proxectos educativos de todas as áreas e niveis educativos os valores da paz.
- Impulsar os tres niveis de achegamento á paz: a investigación, a acción e a educación para a paz.
- Crear e facilitar ós docentes materiais didácticos relacionados coa ampla cosmovisión da paz.
- Espallar a cultura de paz asentada na vivencia dos dereitos humanos, na xustiza social, no desenvolvemento sostíbel e na democracia.
- Difundir o compromiso coa defensa da lingua e cultura galegas.
- Fomentar a xestión democrática dos centros.
EDUCADORES/AS POLA PAZ é o grupo, organización ou colectivo de Educación para a paz en funcionamento máis antigo non só de Galicia senón de toda a península ibérica. En efecto, algúns dos seus membros comezaron as súas actividades de educación para a paz no curso 1981-82, e o grupo fundouse no ano 1983 na cidade de Vigo a iniciativa de dous educadores membros de Nova Escola Galega, Manuel Bragado e Xesús R. Jares. Este último será o seu coordinador desde a súa fundación deica a actualidade.
Entre as actividades que desenvolve sinalamos a organización desde o curso 1983-84 de diferentes xornadas de Educación para a Paz; a impartición de cursos e conferencias para o profesorado; a organización dos Encontros Galegos e Galego-Portugueses de educadores pola paz; a publicación de diversos libros e material didáctico sobre educación para a paz, xogos cooperativos e resolución de conflitos; a introdución en Galicia da celebración do Día escolar pola Paz (30 de xaneiro); a edición do boletín informativo NOVAPAZ; organización e participación en campañas diversas (xogo e xoguetes; dereitos humanos; etc); o deseño de programas educativos, como foi “Aprender a convivir. Programa educativo municipal” do Concello de Vigo e na actualidade colaborando co Programa “Vivir xuntos. Convivir. Programa de mellora da convivencia” do Concello de Lugo; etc.
Tres claves son de destacar no traballo de EDUCADORES POLA PAZ nestes case vinte e cinco anos de actividade:
- En primeiro lugar a independencia de calquer partido político, sindicato, confesión relixiosa ou institución.
- En segundo lugar, o estar asentados desde o inicio das nosas actividades no concepto de paz positiva. En efecto, a paz non a asociamos como antítese da guerra senón ao de violencia (a guerra non deixa de ser un tipo de violencia organizada). E a violencia non é soamente a violencia física, directa senón tamén as chamadas violencias estruturais e culturais que están presentes nas sociedades, dentro e entre estados. Por iso cando falamos de paz, estamos a pensar nas desigualdes de poder; nas oportunidades de vida distintas; na distribución desigual dos recursos; na vulneración de todos e cada un dos dereitos humanos, etc. En definitiva, a idea de paz aparece inexorablemente unida á de xustiza; desenvolvemento; solidariedade; dereitos humanos; liberdade; democracia; etc.
- En terceiro lugar, o compromiso. Compromiso coa paz e a nonviolencia; compromiso coa defensa de todos os directos humanos para todas as persoas; compromiso coa transparencia e en contra de calquera forma de corrupción; compromiso coa busca da verdade e en contra de todo tipo de mentiras e de manipulacións; compromiso co apoderamento de base das persoas e das organizacións cívicas; compromiso cunha educación de calidade e democrática.
|
|
 | Documentos |  |
 | EDUCADORES/AS POLA PAZ - DÍA ESCOLAR POLA PAZ |  |
|
|
|
|