|
|
 | Presentación |  |
O xurado do premio acordou concedelo a Nova Escola Galega por:
ASOCIACIÓN NOVA ESCOLA GALEGA por tratarse dun colectivo da sociedade civil que desde 1983
ven traballando coa finalidade de construir un sistema educativo en galego, público e democrático,
implicando a persoas tanto do ámbito educativo como da sociedade en xeral e exercendo un labor
de transcendencia na formación de novo profesorado como eixo fundamental para a pervivencia da
lingua galega. O seu traballo ten incidido enormemente e a través dos anos no ámbito da administración
pública frenando, con accións moi puntuais, políticas desgaleguizadoras. A súa permanente
colaboración con Portugal e outros países de fala lusófona a través da Federación Internacional de
Movementos de Escola Moderna e Movementos de Renovación Pedagóxica, tratou sempre de incidir
e provocar movementos a prol da defensa das identidades culturais e lingüísticas en especial a
galega. Suliña o xurado o compromiso de Nova Escola Galega na defensa e utilización da lingua galega
no entorno da xuventude e da mocidade como eixo fundamental da normalización do uso do
idioma galego.
(máis información)
|
|
 | Documentación |  |
|
|
|
|