Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas XIV SEMINARIO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
· PROGRAMA
· CARTEL

Presentación
Os videoxogos serán os protagonistas da décimo cuarta edición do “Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos”, que terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela os días 16 e 17 de novembro de 2022. Conscientes da necesaria formación en videoxogos, e partindo de que as/os profesionais da educación deben realizar un tratamento reflexivo, crítico e innovador dos avances tecnolóxicos e científicos, esta actividade nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para o alumnado universitario e comunidade educativa (profesorado, familias, outras/os profesionais…) co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos videoxogos nas aulas, nos fogares e na sociedade.

Obxectivos
● Comprender a utilidade de avaliar os videoxogos. ● Coñecer xéneros de videoxogos e guías de avaliación para utilizar estes recursos en diferentes etapas educativas. ● Aproximarse ao deseño e desenvolvemento de videoxogos para a educación. ● Descubrir exemplos concretos de uso para o seu emprego nas aulas e noutros escenarios educativos.

Ficha técnica
Ficha técnica da actividade
(máis información)



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com