Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2022 XII SEMINARIO DA MEMORIA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
· Inscrición
· Programa
· Cartel XII Seminario sobre a Memoria

Presentación
A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria democrática no contexto escolar. Preténdese suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en Rianxo e Boiro. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza.

OBXECTIVOS
Obxectivos da actividade
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación. 2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días. 3. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado. 4. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza. 5. Colaborar na consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e de defensa dos dereitos humanos.  

Documentación
· Presas políticas en loita
· A represión franquista contra as mulleres
· Lola Ferreiro
· Contra o silencio. Aurora Marco
· As mulleres do 72. Lola Ferreiro
· Memoria histórica na LIXG. Selección bibliográfica
· A memoria da historia e as historias da memoria (RGE) - Pilar Sampedro
· Xosé Luís Axeitos: Luís Seoane, o primeiro cronista da represión en Galicia (La Opinión)
· Lola Ferreiro: Represión vicaria (Nós Diairio)
· Lola Ferreiro: Recuperar a memoria das mulleres con responsabilidade: son 14 as rosas vermellas, non 13 (Nós Diario)

Ficha técnica
Ficha técnica da actividade
(máis información)

CARTEL MULLERES DE ASADOS

CARTEL QUICO



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com