Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas XI SEMINARIO OBRADOIRO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- PROGRAMA DA ACTIVIDADE

Presentación
PROGRAMA DO SEMINARIO

09:00 - 09:30. Recollida de material.
09:30 - 10:00. Acto de inauguración.
10:00 - 11:00. Conferencia inaugural: Utilidades e aplicacións da Robótica Educativa.
                       Dra. Almudena Alonso Ferreiro. Profesora da Universidade de Vigo. Grupo de Investigación Stellae.
11:30 - 13:45. Obradoiro con alumnado e familias: Aprender xogando con robots en familia.
                       Dra. Almudena Alonso Ferreiro.
13:45. Conclusións e clausura

16:00. Roteiro cultural por Friol.


DESCRICIÓN XERAL

A robótica educativa será a protagonista da undécima edición do “Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos”, que terá lugar en Friol o día 21 de marzo de 2020. Conscientes da necesaria formación en metodoloxías STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas), e partindo de que a escola é un espazo de aprendizaxe na que debe realizarse un tratamento reflexivo, crítico e innovador dos avances tecnolóxicos e científicos, esta actividade nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para o profesorado e a comunidade educativa (familias, outras/os profesionais…) co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots na escola, nas aulas e nos fogares.


OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN

· Coñecer tipoloxías de robots e estratexias metodolóxicas para utilizar estes recursos en diferentes etapas educativas.
· Tomar decisións construtivas respecto do uso dos considerados robots educativos no contexto escolar e familiar.
· Valorar os robots educativos para analizar a súa utilidade.
· Intercambiar perspectivas e ideas para o desenvolvemento das competencias STEAM.
 

METODOLOXÍA DO SEMINARIO

· Conferencia inaugural. Servirá para situar o significado das competencias STEAM e a súa implicación para a aprendizaxe e o coñecemento, centrando o foco de atención no tratamento especifico da robótica.
· Obradoiro. Trátase dunha sesión participativa para iniciarse no desenvolvemento práctico da avaliación e uso dos robots como recursos educativos.
· Peche e resumo do Seminario. Colofón ao traballo de análise e reflexión realizado entre todas e todos.


Ficha técnica
XI SEMINARIO OBRADOIRO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS
A Robótica na escola e nos fogares


Lugar e data de celebración
21 de marzo de 2020
Centro Sociocultural de Friol (Lugo).

Persoas destinatarias
Nenas e nenos con idades comprendidas entre os 5 e 12 anos, familias e persoas interesadas en iniciarse en cuestións relacionadas coa Robótica Educativa.

Seminario gratuíto,
pero é necesario inscribirse previamente en: https://bit.ly/36MUhoo  

Prazas
20 nenos/as e 20 persoas adultas (nais/pais, avós/avoas, profesorado, persoas interesadas no tema…).

Para calquera dúbida ou aclaración
neg@neg.gal




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com