Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas X SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- Cartel da actividade
- Programa
- Folla de inscrición

Presentación

Conscientes da necesaria formación en metodoloxías STEM (Ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), e partindo de que a escola é un espazo de aprendizaxe na que debe realizarse un tratamento reflexivo, crítico e innovador dos avances tecnolóxicos e científicos, esta actividade nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para o profesorado e a comunidade educativa (familias, outras/os profesionais…)  co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots nas aulas de educación infantil, primaria e secundaria.

 

Dado que se cumpre o X aniversario do Seminario e do grupo promotor do mesmo: CAVILA (grupo de traballo de materiais curriculares de Nova Escola Galega), queremos que esta edición sexa máis lúdica e festiva que as anteriores, para iso o celebraremos cun acto especial o venres 29 á que poden asistir as persoas inscritas.

 

Esta actividade recolle a necesidade de desenvolver no profesorado a competencia de aprender aprendendo, mediante o desenvolvemento activo das sesións de obradoiro nas que poden iniciarse no mundo da avaliación dos materiais cos que traballan a diario co seu alumnado.

Presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos do ensino (regrado e non regrado). A avaliación dos materiais didácticos axudaranos a seleccionar e elaborar materiais máis coherentes co modelo e proxecto de escola proposto no século XXI. Así mesmo, serviranos para desenvolver un uso máis coherente e crítico dos materiais en relación  cos proxectos educativos e curriculares de centro. A avaliación axudaranos tamén a repensar o significado dos materiais didácticos nos diferentes momentos do curso e coñecer cales son as consecuencias que se derivan na práctica do uso que se realice dos mesmos.

 

Obxectivos previstos:

          Coñecer tipoloxías de robots e estratexias metodolóxicas para utilizar estes recursos en diferentes etapas educativa.

          Tomar decisións construtivas respecto do uso dos considerados robots educativos no contexto escolar e familiar.

          Valorar os robots educativos para analizar a súa utilidade.

          Intercambiar perspectivas e ideas para o desenvolvemento das competencias STEM.



Documentación

Ficha técnica

X Seminario-Obradoiro internacional de avaliación de materiais didácticos “ Que facer cos Robots na escola e nos fogares?”.

29 e 30 de marzo de 2019

Pazo da Peregrina (Bertamiráns - Ames)

 

Matrícula de balde (previa inscrición / ata o 15 de marzo)

Solicitada a homologación de 8 horas de formación á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com