|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
|
 | Presentación |  |
A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno das Misións Pedagóxicas, sobre a desapiadada depuración sufrida polo maxisterio e, especificamente, sobre as mulleres antifranquistas que foron represaliadas. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza.
Obxectivos
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos das Misións Pedagóxicas, da depuración de que foi obxecto o maxisterio e, especificamente, da represión sufrida polas mulleres antifranquistas en Galicia.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.
3. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.
4. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza.
5. Contribuír á consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e de defensa dos dereitos humanos.
Acceso á última edición celebrada
(máis información)
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: VII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: As Misións Pedagóxicas, a depuración do Maxisterio e as mulleres antifranquistas represaliadas.
Datas de celebración 20, 21 e 22 de maio de 2016.
Lugares de celebración: . Rianxo, Boiro e Gres (Ponte Ledesma).
Destinatarios/as: Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Número máximo de participantes: 50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 20 (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición: (A matrícula inclúe os xantares de campo).
Ata o 16 de maio de 2016 Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €. Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 60 €.
Desde o 17 de maio de 2016 Socios/as de Nova Escola Galega: 40 €. Parados/as: 50 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 70 €.
Forma de pagamento: Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.
|
|
|
|