Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2016 II NEG-XORNADAS DE EDUCACIÓN E CULTURA TRADICIONAL 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- PROGRAMA DA ACTIVIDADE
- FICHA DE INSCRICIÓN

Presentación

Esta segunda edición das "NEG-Xornadas de educación e cultura tradicional" será do máis especial. Desenvolverase no Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, en Lodoselo, un lugar cun encanto incomparable no que pasaremos unha fin de semana de convivencia, música, contos, baile, roteiros... do máis agradable.

A nosa intención é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta.
Deste xeito, procuramos aportar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.


Obxectivos da actividade

- Poñer en valor aquelas experiecias que se desenvolven na actualidade nas aulas galegas.
- Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tracicional e a súa relación coa natureza.
- Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola.
- Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego.

Comité organizador:
Marcos Botana García (mestre substituto)
Xiana Lastra Pernas (música e produtora)
Marta Otero García (mestra educación musical)
Alexandre Sotelino Losada (Universidade de Vigo - GI Esculca USC)



Documentación

.

Ficha técnica

II NEG-XORNADAS DE EDUCACIÓN E CULTURA TRADICIONAL

CDR O VISO- LODOSELO (Sarreaus- Ourense)- 16 e 17 de abril de 2016

 

HOMOLOGACIÓN:

Actividade homologada con 12 horas de formación para o profesorado interesado.

 

MATRÍCULA:

 

Opción 1-Só asistencia:

Asociados/as NEG: 25 €

Desempregados/as: 35€

Ordinaria: 45 €

*Os xantares teñen un custo de 6€ que se pagará a maiores xunto coa inscrición.

Opción 2- Completa (inclúe xantar, cea, velada e aloxamento do sábado e xantar do domingo):

Asociados/as NEG: 55 €

Desempregados/as: 65€

Ordinaria: 75€

 

Enviar a folla de inscrición+ xustificante bancario a neg@neg.gal ou por correo ordinario a: Nova Escola Galega- R/das Hedras, 4-2ºO. 15895 Milladoiro-Ames.

 

INGRESO MATRÍCULA:

ABANCA- Nova Escola Galega

ES77 2080 0300 85 3040089500

(Indicar nome, apelido e actividade)





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com