Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 Ciclo de cine e historia: Cinema. medioambiente e conflito social 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Cuestionario de avaliación do Ciclo
Programa no web de Sine Nomine
Programa
Boletín de inscrición

Presentación
Actividade co-organizada por:
 - Nova Escola Galega.
- Proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: A Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960-1982)”.
- Asociación Cultural Sine Nomine.
- Histagra, Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da USC..

Obxectivos:
1. Poñer de manifesto a importancia de introducir nos currículos os problemas do mundo actual.
2. Concienciar o profesorado sobre a necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc.
3. Sensibilizar os asistentes sobre a posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula.
4. Dotar o profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea.
5. Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea.
6. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico arredor de problemas sobre os cales, por seren coñecidos, moitas veces obviamos reflexionar.


Documentación
Crónica da última sesión do Ciclo
A mirada de Anna, de Llorenç Soler e Jorge Algora (2009)
La selva esmeralda, de John Boorman (1985)
Lemóniz, la central fantasma, ETB (2006)
O monte é noso, de Llorenç Soler (1978)
Autopista, unha navallada á nosa terra, de Llorenç Soler (1977)
Crónica da terceira sesión do Ciclo e bibliografía sobre conflitos sociais creados pola instalación de nucleares
Recursos didácticos sobre as consecuencias da construción de encoros
Documentais que ofrece a canle de televisión do IES San Clemente
Crónica da segunda sesión do Ciclo
Crónica da primeira sesión do Ciclo
Bibliografía sobre conflitividade no rural galego

Ficha técnica
Título da actividade:
CICLO DE CINE E HISTORIA: Cinema, medioambiente e conflito social.

Datas de celebración: 
13, 20 e 27 de novembro; 3 de decembro de 2013.

Lugares de celebración:
Facultade de Filosofía (Campus Vida) - Santiago de Compostela.

Destinatarios/as:
Profesorado do ensino primario e secundario do ámbito das Ciencias Sociais.
Profesorado do ensino primario e secundario en xeral.

Número máximo de participantes:
80, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
14 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
Ata o 10 de novembro de 2013
Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 5 €.
Parados/as: 10 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 20 €.

Desde o 11 de novembro de 2013
Socios/as de Sine Nomine e de Nova Escola Galega: 10 €.
Parados/as: 15 € (é precisa xustificación documental). .
Cota ordinaria: 30 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en NOVAGALICIA BANCO: 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com