Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 V Congreso Manuel Luís Acuña 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Boletín de inscrición
Tríptico da actividade - Programa

Presentación

En Trives naceu en 1900 o poeta e mestre Manuel Luís Acuña, e en torno á súa figura véñense celebrando diversas actividades desde o centenario do seu nacemento, divulgando a súa obra literaria e o seu labor como educador renovador, que sería represaliado polo franquismo en 1936.

É importante manter vivo entre o maxisterio da comarca o recordo de tan ilustre veciño que tanto contribuíu á cultura galega do primeiro terzo de século e á renovación educativa que tivo o seu momento culminante na II República.

Por iso se celebra este curso, centrado este ano especialmente na cultura galega do primeiro terzo do século XX, no franquismo e na represión sufrida, dende 1936, tanto por Manuel Luís Acuña como por outros mestres e intelectuais ourensáns e galegos.

Obxectivos:

      Afondar nunha etapa importante da historia da escola e da cultura en Galicia,

      Esculcar nun período decisivo para a a cultura galega, como son os comezos do século XX.

      Estudar as consecuencias da represión franquista na educación galega dende 1936.

      Dotar ao profesorado de recursos para comprender mellor o periodo histórico do primeiro franquismo.

      Analizar as publicacións que se teñen editado nos últimos anos sobre o tema.

      Realizar un balanzo relativo á historia dos congresos Acuña.

      Dar a coñecer recursos socioeducativos da comarca trivesa, relacionados co seu contorno natural, intelectual, histórico e cultural.

      Vincular a figura literaria de Valentín Paz-Andrade co universo xeográfico e cultural no que se conformou a personalidade intelectual do poeta de Fírgoas.

 A metodoloxía a empregar, fundamentalmente activa, xirará arredor de:

      Conferencias e paneis de expertos, con relatores/as especialistas, co apoio de medios audiovisuais e/ou dixitais.

      Presentación de comunicacións nas que tamén intervirán activamente os asistentes compartindo as súas inquedanzas.

      Mesas redondas.

      Panel de experiencias.

      Saída pola contorna para coñecer recursos socioculturais, literarios e históricos da comarca.



Documentación

Ficha técnica

Nome da actividade:
V CONGRESO MANUEL LUÍS ACUÑA. “Nos tempos en que Acuña era bacharel”

Datas de celebración:
1 e 2 de marzo do 2013

Destinatarios/as:

- Profesorado (Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional).

- Desempregados/as.

Número máximo de participantes:
120 (o 30% poderán ser desempregados/as).

Horas:
12 (solicitada a homologación á Consellería de Educación e OU)

Custo:
Ata o 28/02/13: matrícula ordinaria (35 €); parados/as (25 €); socias/os de NEG (20 €).
Desde o 28/02/13: matrícula ordinaria 45 €); parados/as (35 €); socias/os de NEG (25 €).
Deberase acreditar, no seu caso, a condición de desempregados/as ou membros de NEG.

Prazo de inscrición:
Ata o día 28/02/2013.

Inscricións:
Enviarase cuberto o formulario da inscrición (www.nova-escola-galega.org), xunto coa copia do ingreso bancario (no que figuren nome, apelidos e DNI) ao enderezo ou ao correo-e sinalados a continuación:

    Nova Escola Galega

    San Clemente 18-baixo

    15705 Santiago de Compostela

    Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com

Ingreso:

Conta de NOVAGALICIA BANCO: 2080–0300–85–3040089500
IBAN: ES7720800300853040089500

Aloxamento:

*Prezos especiais para matriculados/as na actividade:

   Pensión completa: 30 euros

   Media pensión: 25 euros





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com