Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 V Curso de formación sobre o patrimonio lúdico 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Memoria da actividade
Plano de Carballo
Cartel da actividade
Inscrición en liña
Programa
Ficha de inscrición

Prensa
Voz de Galicia, 10 novembro
Diario de Bergantiños, 10 novembro
Voz de Galicia, 9 novembro
Turismo Carballo. Entrevista a Apolinar Graña
Turismo Carballo, 31 outubro
Stadio Sport, 23 outubro
Voz de Galicia, 16 outubro
Web da Consellería de Educación
Correo, 23 outubro
Noticieiro galego.com, 23 outubro
Ghastas pista?
Vive Carballo!
Voz de Galicia, 23 outubro
Compás da Costa
Que pasa na costa, 23 outubro
Comunicado de prensa núm. 1

Conclusións
1. O patrimonio lúdico galego é un dos máis ricos da Península Ibérica. Non se trata xa só de que Galicia posúa un catálogo de xogos moi amplo, senón que a sociedade galega foi quen de crear manifestacións lúdicas apropiadas para todas e cada unha das idades da vida.

2. O xogo tradicional debe ollarse como unha das manifestacións culturais máis transcendentes dun grupo social, precisamente porque prende –aínda que non só– nas camadas máis novas da poboación, converténdose nun medio, apenas perceptible, de transmisión cultural, toda vez que as prácticas lúdicas tradicionais nacen e desenvólvense nun medio físico e social específico.

3. Máis aínda, o patrimonio lúdico galego ofrece innumerables mostras de xogos de grande calidade de cara ao desenvolvemento harmónico dos individuos. As habilidades motrices atopan un medio natural de adestramento no xogo popular.

4. Son infinitas as posibilidades educativas que ofrecen os xogos tradicionais. Para comprobalo, sirva como exemplo o universal xogo da buxaina ou peón, que presenta innumerables oportunidades didácticas.

5. Contando cunha moderada vitalidade, o movemento europeo de recuperación dos xogos tradicionais atopa en Galicia, e na actualidade, mostras significativas. É o caso, particularmente, do Museo Etnolúdico de Galicia, da publicación do maior compendio –o Tastarabás– realizado nunca en Galicia sobre o xoguete tradicional, da creación no noso país da marca Ludaria, que servirá para identificar o proceso europeo de recuperación e posta en valor do patrimonio lúdico, e das innumerables iniciativas desenvolvidas polos centros educativos galegos.

6. Resulta sorprendente comprobar as pegadas que, ao longo da historia, o xogo tradicional foi deixando en manifestacións pseudoartísticas tan singulares como os selos de correos, e tamén na escultura, no cine ou mesmo no grafitti. Esta constatación, realizada nos lugares máis recónditos do mundo, non vén máis que demostrar que os seres humanos só somos tales se o xogo está presente nas nosas vidas. Igualmente, comprobar a presenza do xogo tradicional en todas as manifestacións referidas, abre un campo de elaboración de estratexias educativas que promete ser absolutamente frutífero.

7. Aínda que, desde unha ollada pouco profunda, talvez poida parecer utópico, o certo é que semella posible retomar a idea da autoconstrución de xoguetes como unha estratexia educativa nada desprezable. A creatividade, a habelencia manual ou o traballo cooperativo, son outras tantas habilidades que se adestran coa construción de enredos ao estilo tradcional. E esta idea, naturalmente, non ten razón para aparecer enfrontada ao emprego de xoguetes industriais modernos, moitos deles con grandes virtualidades educativas. Con todo, un neno/a é posible que destrúa un coche comprado, precisamente porque necesita coñecer os seus mecanismos de funcionamento, pero nunca destruirá unha carrilana autoconstruída.


Presentación
No ano 2009, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega organizaron en Melide unha actividade de formación que pretendeu achegar o estudo do patrimonio lúdico ao ámbito educativo. A resposta obtida por aquela convocatoria téndose esgotado todas as prazas ofertadas, provocou que se concibise unha segunda edición do Curso no ano 2010, daquela centrada máis especificamente nalgunhas didácticas específicas, pero na que non se esqueceron perspectivas máis globais –institucións europeas, universitarias, gobernos locais, ámbitos empresarial...– co obxectivo de ir construíndo unha visión o máis completa posible dos procesos de recuperación dos patrimonios lúdicos nacionais.

A terceira edición da actividade, a do ano 2011, pretendeu xustamente afondar nalgúns aspectos apenas bosquexados nas precedentes, ao tempo que optaba por reservar espazos específicos para o coñecemento e a reflexión sobre algúns deportes tradicionais galegos. Precisamente para a práctica dalgunhas destas modalidades deportivas contouse cos propios xogadores-protagonistas da súa recuperación. O IV Curso de Formación do Patrimonio Lúdico trasladou o seu lugar de celebración para a Illa de Arousa, xustamente para darlles opcións ás prácticas lúdicas propias da costa de ter o protagonismo que a súa vixencia merece.

Nesta quinta edición o Curso desenvolverase en Carballo, a capital de Bergantiños, unha das comarcas máis e mellor definidas a nivel cultural de todo o país, na que o patrimonio lúdico atopa manifestacións específicas e na que se están desenvolvendo interesantes proxectos de recuperación e posta en valor do xogo tradicional: clubs de chave, o Museo Etnolúdico Galego de Ponteceso, desenvolvemento de teses de doutoramento sobre os espazos de xogo, proxectos de longo percorrido nalgúns centros da comarca...


OBXECTIVOS
1. Achegarse á cuestión do xogo tradicional desde unha óptica global, atendendo aos procesos de recuperación do patrimonio lúdico que se están desenvolvendo desde diferentes ámbitos.

2. Analizar o xogo tradicional, e en especial o propio da comarca de Bergantiños, como manifestación cultural, así como o seu papel específico na construción da identidade.

3. Poñer en común a función do xogo tradicional na educación e as estratexias de introdución do patrimonio lúdico galego no ámbito escolar.

4. Investigar posibles estratexias de recuperación do patrimonio lúdico galego desde o ámbito dalgunhas didácticas específicas e valorar o seu papel no desenvolvemento dos procesos educativos.

5. Particularmente, afondar na relación das prácticas lúdicas tradicionais co desenvolvemento psicomotriz e co crecemento harmónico do ser humano.

6. Practicar unha importante batería de xogos e deportes de diferente tipoloxía e poñer en común variantes das modalidades propostas, e mesmo outras diferentes.

Acceso á última edición celebrada:

(máis información)

Documentación
"Ir á trapallada", artigo de Manolo Charrancas
Xogo do pucheiro-cacerolo, de Apolinar Graña
Expo-Buxainas, Culleredo 2013
A buxaina. Unidade didáctica de Luís Ramas Ramírez
As regras da billarda no Proxecto Ronsel
As regras da billarda da LNB 1
As regras da billarda da LNB 2
O xogo da goma no web de XOTRAMU
Materiais completos empregados por Julio Herrador
Publicación cos xogos practicados nos Encontros Escolares Galegos de Xogos Tradicionais organizados por Brinquedia

Galería fotográfica
Acceso á galería fotográfica do Curso

A AGXPT

Ficha técnica
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL E POR NOVA ESCOLA GALEGA

Título da actividade:
V CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO. "Xogo tradicional e desenvolvemento psicomotriz".

Datas de celebración: 
8 e 9 de novembro de 2013.

Lugar de celebración:
Carballo (Bergantiños - A Coruña)

Destinatarios/as:
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.
Educadores/as en xeral.

Número máximo de participantes:
70, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(É posible solicitar axuda económica para a asistencia á actividade (DOG do 26 de xullo de 2013)

Ata o 4 de novembro de 2013
Ordinaria: 50 €
Parados/as e estudantes: 25 €
Socios/as de NEG: 20 €

Desde o 5 de novembro de 2013
Ordinaria: 60 €
Parados/as e estudantes: 35 €
Socios/as de NEG: 30 €

Forma de pagamento:
Transferencia bancaria á conta da AGXPT en NovaGalicia Banco 2080 – 0337 – 14 – 3040006072

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com