|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
| Galicia Hoxe, 19 febreiro |
| Galicia Hoxe, 12 febreiro |
| Correo, 29 xaneiro |
| Galicia Hoxe, 29 xaneiro |
| Correo, 22 xaneiro |
| Galicia Hoxe, 22 xaneiro |
| Voz, 21 xaneiro |
| Correo, 21 xaneiro |
| Galicia Hoxe, 21 xaneiro |
| Club Internacional de Prensa, 20 xaneiro |
|
|
 | Presentación |  |
A Asociación Cultural Sine Nómine está formada por profesorado fundamentalmente de Xeografía e Historia e Ciencias Sociais de ensino secundario e universitario, que se sente preocupado pola historia do presente e por como esta historia pode ser explicada nas aulas desde unha perspectiva crítica. Na actualidade non hai que esquecer o revisionismo histórico que nos invade e a utilización política que se fai da mesma.
Desde esta perspectiva está na intención da Asociación facilitarlle ao profesorado ferramentas de traballo para que nas aulas incorpore tanto o cine documental como unha aprendizaxe dinámica e aberta ao diálogo cos rapaces e rapazas. Esta é a razón pola cal tanto os documentais como as películas escollidas tratan sempre dunha problemática candente, actual e que promove unha mirada crítica á historia que nos ocupa.
No desenvolvemento da actividade, cada documental vai acompañado dunha conferencia impartida por persoas expertas na materia, capaces de abrir horizontes de pensamento, discusión e reflexión, imprescindibles para que o profesorado poida apoiarse en argumentos sólidos á hora de traballar o tema na clase. De cara ao alumnado tamén se entregará material didáctico que facilite a preparación da clase correspondente.
A actividade é froito dun convenio asinado por Sine Nómine e Nova Escola Galega, sendo tamén un dos obxectivos do mesmo abrir esta actividade ao profesorado de ensino primario en xeral e a outros profesionais da educación que, non traballando estritamente as Ciencias Sociais, poidan estar interesados ou interesadas nesta experiencia. Obxectivos previstos: 1. Poñer da manifesto a importancia de introducir nos currícula os problemas do mundo actual. 2. Concienciar ao profesorado da necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc. 3. Sensibilizar aos asistentes da posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula. 4. Dotar ao profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea. 5. Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea. 6. Facilitar o encontro entre o profesorado de primaria e secundaria e as persoas que traballan no mundo da realización de documentais. 7. Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico diante de problemas que por seren coñecidos, moitas veces non reflexionamos sobre eles.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | A Asociación Cultural Sine Nomine |  |
 | Ficha técnica |  |
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SINE NOMINE E POR NOVA ESCOLA GALEGA
Título da actividade: IV Ciclo de Cine e Historia: "Exercicios laicos"
Datas de celebración: 21 e 29 de xaneiro; 5, 12 e 19 de febreiro de 2009
Lugar de celebración: SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS, Campus Sur (Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n). Santiago de Compostela
Destinatarios/as: Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais. Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral. Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da educación.
Nº máximo de participantes: 150, por rigorosa orde de inscrición (AMPLIADA A MATRÍCULA ATA AS 200 PERSOAS)
Nº de horas: 19 (homologación da Consellería de Educación en trámite)
Cotas de inscrición: Ata o 12 de xaneiro de 2009 Ordinaria: 20 € Socios/as de Sine Nómine, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 10 €
Desde o 13 de xaneiro de 2009 Ordinaria: 30 € Socios/as de Sine Nómine, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 20 €
Forma de pagamento: Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG
|
|
|
|