Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2007 XXI Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Ficha de inscrición

Conclusións
203 persoas asistimos en Chaves os días 4,5 e 6 de maio á vixésimo primeira edición dos Encontros galego-portugueses de educadores pola paz. A cita decana de todas cantas se fan en España e Portugal sobre educación para a paz.

Reunidos en asamblea na mañá do domingo adoitaronse as seguintes conclusións:

1º. A necesidade de profundizar en todos os ámbitos sociais na loita contra os estereotipos sexistas que aínda perviven na nosa sociedade. Tamén no campo educativo. Na actualidade, a educación na igualdade, como matéria transversal, na práctica, presenta un escaso grao de desenvolvemento en tódalas etapas e niveis educativos. Consideramos que precisa dunha maior relevancia real, e a cooperación dos distintos axentes educativos, pola trascendencia que ten para a convivencia.

2º. A esixencia da revisión e mellora da formación inicial e continua do profesorado, especificamente en temas relacionados coa igualdade e a coeducación.

3º A reivindicación de maiores medidas de protección e apoio, así como campañas de sensibilización frente a violencia de xénero.

4º. O noso rexeitamento a toda a forma de explotación sexual.

5º. A solicitude aos Parlamentos galego e portugués da creación dunha Lei da Paz e de fomento da educación e da cultura de paz.
 
Cómpre lembrar que o 15 dedecembro de 2005, o Presidente de NOVA ESCOLA GALEGA, D. Xosé LASTRA MURUAIS, e D. Xesús R. Jares, como Coordenador de EDUCADORES POLA PAZ DE NOVA ESCOLA GALEGA e presidente da SOCIACIÓN GALEGO-PORTUGUESA DE EDUCACIÓN PARA A PAZ, presentaron un escrito aos tres grupos parlamentarios (BNG, PSdeG-PSOE e PP), non obtendo resposta até o de agora de ningún grupo parlamentario. Parece, pois, que os temas da paz non son considerados prioritarios para os nosos grupos parlamentarios.


Presentación
XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÊS DE EDUCADORAS E EDUCADORES PELA PAZ
4, 5 e 6 de Maio de 2007
CHAVES (Portugal)

Alojamento e sessões plenárias:
Hotel Acquae Flaviae Praça do Brasil, 5400-123 Tel.: 00351 276309000 E-mail: hotelaquaeflaviae@mai..telepac.pt
Oficinas/Obradoiros: UTAD PÓLO DE CHAVES Avenida Nuno Álvares, Edifício Imperador Flavius Tel.: 00351 276309300 E-mail: utadchaves@utad.pt
 
ORGANIZA:
Associação Galego-Portuguesa de Educação para a Paz (AGAPPAZ)
Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega
Dto. de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña
Movimento dos Educadores pela Paz de Portugal (MEP)
Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro - Pólo de Chaves (UTAD)

A nova cita das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses, así como de outras terras que nos queiran acompañar, vai ser na fermosa vila de Chaves, ao norte de Portugal. O tema de debate desta edición é “a perspectiva de xenero na cultura de paz”. Todos e todas sabemos como a variable xénero, en maior ou menor medida, incide en todos os ámbitos das relacións humanas, tamén nos procesos de construcción da paz. É máis, en moitos dos escenearios mundiais observamos como son os homes os que deciden e fan as guerras mentres que as mulleres quedan como vítimas ou actoras principais nos procesos de reconstrucción da convivencia. No ámbito do desenvolvemento tamén falamos de feminizaciòn da pobreza, mentres que son as mulleres as máis activas no mantemento das economías familiares. Nas nosas sociedades, se ben a masculinización da violencia era e sigue sendo un dos patróns fundamentais nos que se están a socializar os nosos xoves, tampouco podemos esquecer o crecente proceso de adopción dese modelo masculino de violencia nas rapazas, ademáis do uso de outras formas de maltrato e acoso máis xenuinamente feminizadas. Tamén é importante a análise dos dereitos humanos na esfera do privado, no ámbito familiar, o rexeitamento da violencia de xénero e a solidariedade coas vítimas como obxectivos educativos irrenunciables.

Pero ademáis da reflexión e do debate, os Encontros reservan parte do seu tempo para facer práticas nos obradoiros, escoitar experiencias, asistir á presentación de materiais, xogar cooperativamente, bailar danzas do mundo, etc. E, moi especialmente, encontrarnos, saber dos nosos proxectos, das nosas ilusións, dos nosos problemas e dificultades na construcción dun mundo máis pacífico e xusto. Todo elo desde o compromiso coa búsqueda da verdade e a esperanza.

Outro ingrediente importante dos nosos Encontros é continuar co proceso de fortalecemento do noso movemento transfronteirizo galego-portigués de educadores e educadoras pola paz. Analizaremso a s´´ua situación e particularmente a marcha da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ). Unha idea que xa é unha realidade e na que estamos a traballar desde os últimos Encontros. Agardamos tamén contar co voso apoio para esta iniciativa.


Documentación

Ficha técnica
Título da actividade:
XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS E EDUCADORES POLA PAZ

Datas de celebración:
4, 5 e 6 de Maio de 2007

Lugar de celebración:
CHAVES (Portugal)

Cotas de inscrición:
1. Matrícula e pensión completa a fin de semana en cuarto duplo:

a) Socias/os de NEG ; socias/os do MEP; socios da AGAPPAZ, estudantes e desempregadas/os até 15 de abril:125 €. Despois desa data: 130 €.

b) Resto das persoas: 130 € até o dia 15 de Abril. Despois desa data o precio é de 135 €.

Para facilitar o aloxamento AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS NON HABERÁ HABITACIÓNS INDIVIDUAIS, agás posíbeis casos excepcionais dos que se informe na inscrición. Nos casos autorizados pola organización pagarase un suplemento de 30 €.

2. Só matrícula (Se for necesario, darase prioridade a quen se matricule en pensión completa):

a) Ata o día 15 de abril:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e desempregados/as: 30 €. - Resto: 40 €.

b) Despois do 15 de abril:
- Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e desempregados/as: 40 €.
- Resto: 50 €.

CERTIFICACIÓNS:
Entregarase certificación oficial ás persoas asistentes así como a quen presenten experiencias/comunicacións.

Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 1,5 créditos de libre configuración (Galiza).

No caso de Portugal está a tentar-se obter creditação para o Encontro.

INSCRICIÓNS e INFORMACIÓN:
-Informacións: agappaz@mundo-r.com
-Inscripcións: por correio electrónico, correio postal ou fax, acompañadas do comprobante da entidade bancaria do pago a:

A) PORTUGAL: EB1 nº 4 do Barreiro, Rua Professor Joaquim Vicente França, nº 103, 2830 Barreiro (Portugal) Tfno:. 212 156 303 (Helena Proença) Correio electrónico: helena.proenca@netvisao.pt CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos (Barreiro – Portugal) NIB: 003501410009181330087 da Caixa Geral de Depósitos

B) GALIZA: Educadores pola Paz-Nova Escola Galega Apdo. 577. 36200 VIGO Tel. 981 56 25 77 (Nova Escola Galega) Correo-e: agappaz@mundo-r.com CONTA a nome de: Educadores pola Paz Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.

ACTIVIDADE TRANSVERSAL:
Ao longo do Encontro lavarase a cabo unha actividade denominada “VAMOS TRAZER UMA MULTIDÃO À FESTA!” aberta a quen queira participar.

EXPOSICIÓN E VENDA DE MATERIAIS:
Durante o ENCONTRO haberá exposición e venda de materiais. As persoas/grupos que queiran desenvolver unha destas actividades deben comunicalo previamente á organización.

PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS:
As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllo á organización e xuntar nun folio o resumo da mesma. Prégase acompañalo con soporte informático ou ser enviadas por correo-e á dirección: agappaz@mundo-r.com. En función do tempo disponíbel, a organización poderá seleccionar aquelas que considere máis interesantes pola súa novidade, adscrición ao tema, etc. Data límite de entrega: 15 de abril




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com