|
 | A Actividade |  |
|
 | Conclusións |  |
A modo de conclusións pódense articular as seguintes achegas: - Cómpre definir, ou redefinir, o modelo de escola que precisa a sociedade actual. Este proceso de revisión debe ser aberto e participativo. Non pode facerse exclusivamente desde o punto de vista profesional, ou só desde o propio marco escolar. A sociedade debe clarificar que escola precisa sobre a base de reformularse as funcións sociais que son esixibles á institución escolar. - Se non se produce ese proceso de reformulación e clarificación, a integración de distintos profesionais da educación e o traballo colaborativo entre eles no marco escolar será máis difícil, xa que non está suficientemente articulado o sentido do seu labor, entendido de maneira individual ou colectiva.
(máis información)
|
|
 | Presentación |  |
Estas II Xornadas pretenden constituírse nun punto de encontro para debater acerca das achegas que dun xeito conxunto poden facer os profesores e os profesionais da educación social. Os obxectivos que se pretenden desenvolver son:
1. Reflexionar sobre as novas necesidades que se manifestan nas escolas, e os recursos cos que contan os profesionais implicados (mestres/as, orientadores/as, educado-res/as sociais).
2. Propiciar a análise sobre os ámbitos nos que pode desempeñar o seu traballo o educador/a social nos centros educativos.
3. Reflexionar acerca da función que pode desempeñar o/a educador/a social na escola.
4. Coñecer modelos de participación do educador/a social na escola.
5. Identificar estratexias de traballo colaborativo entre os distintos profesionais.
6. Coñecer experiencias que se desenvolven en Galicia e fora dela en relación co tema.
7. Coñecer os plans da administración educativa galega sobre a implantación da figura do/a educador/a social no marco escolar.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
II. XORNADAS: A ESCOLA, PUNTO DE ENCONTRO ENTRE O PROFESORADO E EDUCADORES/AS SOCIAIS.
Ata o 30 de xuño: 40 € (25 € parados/as, estudiantes e membros de NEG e do CESG). Deberase acreditar, no seu caso, a condición de parado/a, estudiante, membro de NEG ou Colexio de Educadores).
Transferencia bancaria en Caixa Galicia, número:
2091/0300/45/3040089500
Oficina Principal, Pza de Galicia, Santiago de Compostela,
Contacto e Información
NOVA ESCOLA GALEGA,
Rúa Betanzos, 1-1º esquerda, 15703 Santiago de Compostela
neg@mundo-r.com, tlfno/fax: 981562577.
Luns, Martes, Mércores e Xoves de 9:00 a 14:00.
Martes e Xoves de 18:00 a 20:00.
|
|
|
|