Navegación: Inicio Publicacións Revista Galega de Educación 
Usuario
Contrasinal:

Núm. especial sobre a COVID19. Xuño 2020

A última...

Especial núm. 75. A Nova Escola hoxe

Campaña de subscrición

A RGE nos medios de comunicación
Programa "Diario cultural" da Radio Galega, 15 abril 2016
Programa "Zig Zag" da TVG, 12 abril 2016
Programa "Zig Zag" da TVG, 30 marzo 2016
El Correo Gallego, 6 maio 2016
As Crebas, bitácora de Miro Villar, 5 maio 2016
Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 2
Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 1
Presentación de Lugo, 19 novembro 2013
Presentación de Lourenzá, 10 marzo 2012
Presentación de Boiro, 16 febreiro 2012
Presentación de Pontevedra, 15 de febreiro de 2012
Faro de Vigo, 9 de febreiro de 2012
Presentación de Silleda, 27 xaneiro 2012
Presentación de Santiago. 18 xaneiro 2012
Presentación de Melide. 13 xaneiro 2012
· La Voz de Galicia, 5 agosto 2010
· Galicia Hoxe, 15 xuño 2010
· La Voz de Galicia, 9 xaneiro 2009
· Xornal da USC, 8 xaneiro 2009
· A Voz de Vilalba, decembro 2008
· La Voz de Galicia, 26 agosto 2007
· El Progreso, 15 xullo 2007
· La Voz de Galicia, 12 xullo 2007
· La Voz de Galicia, 1 xullo 2007
· Atlántico Diario, 19 abril 2007
· La Voz de Galicia, 18 abril 2007
· Faro de Vigo, 18 abril 2007
· La Voz de Galicia, 22 abril 2007
· El Progreso, 30 marzo 2007
· El Progreso, 28 marzo 2007
· Galicia Hoxe, 24 marzo 2007

ACTOS REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN
- PRESENTACIÓN DO NÚMERO ESPECIAL SOBRE A COVID-19. VEDRA (22/07/2020)
- PRESENTACIÓN DA RGE 74 "FILOSOFÍA PARA NENAS E NENOS" EN COMPOSTELA (18/02/2020)
- PRESENTACIÓN DA RGE 74 "FILOSOFÍA PARA NENAS E NENOS" EN LUGO (05/02/2020)
- ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN RGE 75 CONSELLO DA CULTURA GALEGA (30/01/2020)
- MESA REDONDA "A ESCOLA QUE QUEREMOS" EN AMES (12/06/2019)
- PRESENTACIÓN DA RGE 73 "ENSINAR... NON SEN O TEATRO" EN COMPOSTELA (28/05/2019)
- MESA REDONDA NO ATENEO DE SANTIAGO SOBRE "A ESCOLA QUE CONSTRUÍMOS" (21/05/2019)
- PRESENTACIÓN DA RGE 72 "SERVIZOS COMPLEMENTARIOS" EN AMES (20/03/2019)

Presentación do número
INVENTANDO O QUE DESEXAMOS

Son moitas as reflexións e experiencias que recollemos neste número 77 da RGE, dedicado -máis alá do habitual monográfico- practicamente na súa integridade á educación en igualdade entre ne­nas e nenos, homes e mulleres. Educación en igualdade entendida desde o enfoque radical das teo­rías educativas: medida nos resultados, non só no acceso aos recursos, para a que cómpre eliminar as barreiras estruturais que alicerzan a desigualdade.

A escola inclusiva, compensadora de desigualdades, é unha aspiración que está no cerne das socieda­des democráticas. Porén...


(máis información)

Contidos do número e abstracts do monográfico
Núm. 77. O dereito á coeducación

Editorial
APRENDIZAXES ARREDOR DA COVID 19

Colleunos a todos nas patacas. En primeiro lugar á Administración Pública, que inclúe a Xunta de Galicia e a Consellería de Educación, con obriga de ir por diante e con meca­nismos de previsión, de planificación e de organización; pero tamén ao conxunto da socie­dade.

É a nosa obriga facer valoración das actuacións da Consellería de Educación. Sen un balan­ce detallado, que haberá que facer, si podemos dicir a fin de abril con case 50 días de confi­namento, que estamos ante unha actuación por completo deficitaria: nos modos de comuni­cación; na concertación e acordos continuos cos axentes sociais en canto ás liñas de acción e de resposta ante todo o non previsto; na planificación de orientacións pedagóxicas, con feed-back efectivo e sobre a marcha, tendo presente as necesidades de cada quen e o dere­ito á educación de todas e todos; na atención ás demandas das nais e pais a través das súas asociacións; na creación e distribución de recursos técnicos e didácticos; no apoio ás inicia­tivas que foron nacendo arredor da educación da infancia e da adolescencia; na capacidade de resposta ao desafío tecnolóxico; entre outras cuestións.
(…)

(máis información)

Avance do próximo número

Avance do núm. 78: Dez anos do decreto do bilingüismo (título provisional)
Cúmprese una década desde que se iniciou una estratexia lexislativa que, na práctica, marxinou o uso do galego no ensino. Non existe, cando menos publicada, unha avaliación rigorosa do que supuxeron as sucesivas decisións tomadas, pero todo apunta a que estamos moi lonxe do obxectivo último de logra ... (ler)

A Revista Galega de Educación

A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.

Pero a partir do ano 1997, algúns problemas, en particular ligados á produción editorial, fixeron entrar en crise todo o proceso de elaboración da revista -redacción, produción e difusión-. Así, en maio do ano 2000, a situación vese sometida a unha revisión, xa iniciada con algunha anterioridade, no seo de Nova Escola Galega, a resultas da cal se decide interromper provisionalmente a edición, cando se levaban editados 33 números e a publicación gozaba dun ampla difusión e recoñecemento profesional e social.

A RGE, que iniciou a fins do 2005 a súa segunda etapa -de periodicidade cuadrimestral-, defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.

A RGE pretende tamén contribuír a articular e a ofrecer instrumentos de expresión e comunicación escrita ao conxunto de sectores profesionais e sociais que postulan orientacións e supostos construídos ao amparo do modelo de Escola Pública. Pretende axudar, por tanto, a impulsar un clima e unha mentalidade pedagóxicos propicios -desde a perspectiva teórica, didáctica e metodolóxica- para acadar un sistema educativo público, galego, renovado e democrático.

Na hemeroteca pódese acceder aos números da RGE ata o 42 (incluído). A partir deste número aparecen só os sumarios. En breve poderase acceder a todos sendo subscritor/a.



ENTREVISTA A MICHAEL APPLE
Entrevista de Antía González Ben a Michael Apple (separata do núm. 60 da RGE)

RGE - Contidos dixitais
Enlace externo  RGE 68. Entrevista sobre a situación do ensino da filosofía no Brasil

Hemeroteca 1ª época (1986-1999)
Páxina 1 de 4  |  1 2 3 4
Núm. 33. Educación e dereitos humanos
Núm. 32. Escola e sociedade da información
Núm. 31. A educación infantil
Núm. 30. Programas educativos europeos
Núm. 29. Orientación escolar e titoría
Núm. 28. Educación teatral
Núm. 27. Educación social
Núm. 26. No centenario de Celestin Freinet
Núm. 25. A normalización da lingua na encrucillada
Núm. 24. As avaliacións
Páxina 1 de 4  |  1 2 3 4

Hemeroteca 2ª época (2005- )
Páxina 1 de 5  |  1 2 3 4 5
Núm. 76. Memoria para o presente (sumario-abstracts)
Edición especial: COVID-19: Re-pensar a educación (pdf íntegro)
Núm. 75. A nova escola, hoxe (sumario-abstracts)
Núm. 74. Filosofía para nenos e nenas (sumario-abstracts)
Núm. 73. Educar... non sen o teatro (sumario-abstracts)
Núm. 72. Servizos complementarios (sumario-abstracts)
Núm. 71. A titoría educativa (sumario-abstracts)
Núm. 70. Aprendizaxe por proxectos (sumario-abstracts)
Núm. 69. Ciencias Sociais para o ben común (sumario-abstracts)
Núm. 68. Os videoxogos, máis ca unha modalidade do xogo humano (sumario-abstracts)
Páxina 1 de 5  |  1 2 3 4 5


Cómo subscribirse

Prezo de susbcrición anual: 34 € (3 números/ano)
Prezo de susbcrición anual asociados/as de NEG: 30€ (3 números/ano)

 

Se aínda non estás subscrita/o podes facelo enviando por correo electrónico ou ordinario este boletín de subscrición:

Boletín de subscrición

 

Se queres máis información sobre o proceso de subscrición contacta con nós no seguinte correo:

neg@neg.gal



Tarifas de publicidade

Puntos de venda da RGE

Normas de publicación

ORGANIGRAMA RGE



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com